Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Gómez-Montero, Javier (1986)
"El paisaje, el viajero, el camino blanco y otros motivos poéticos recurrentes en Rosalía de Castro y en Antonio Machado"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 113-125.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O autor analiza un aspecto común, e pouco tratado, na poética de Rosalía de Castro e Antonio Machado: a soidade existencial. A través do cotexo das súas creacións, Javier Gómez-Montero resume a afinidade de espírito entre os dous poetas: a paisaxe, a constante actividade mental, a reflexión sobre o tempo e o seu transcurso a través da metáfora do viaxeiro, a imaxe do reloxo para plasmar o tedio vital e a tráxica inseguridade do home a través da metáfora do camiño en confluencia coa espiña e o cravo como penas radicais e esenciais.

Conclúe Gómez-Montero manifestando que Rosalía de Castro renovou a poesía lírica hispánica ao situar a vivencia persoal e existencial no centro do seu quefacer poético.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org