Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Caramés Martínez, Xesús (1986)
"Función e importancia de los prólogos en la obra de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: II. pp. 100-104.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

O autor do artigo analiza os prólogos de Rosalía de Castro co obxectivo de encontrar a súa significación. Se en La hija del mar Rosalía se presenta como muller escritora e pide desculpas por romper os esquemas conservadores do século, os prólogos en galego revelan maior seguridade, a pesar da retórica referencia á limitación do seu enxeño.

A importancia dos prólogos, para Xesús Caramés, cómpre deducila da súa función máis xenuína, isto é, a aclaratoria. Neles a autora convértese en lectora crítica da súa obra e engade un pouso de ironía coa que trata de opoñerse ao seu tempo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org