Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Texto inédito en forma impresa até a súa publicación en poesiagalega.org. Recolle as palabras da presentación do libro de Gonzalo Hermo Crac (Edicións Barbantesa, 2011), na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o día 18 de xaneiro de 2012. Oriana Méndez compartiu o acto de presentación co propio poeta e con Fran Cortegoso, Chus Pato e Alicia Fernández.

A presentación estabelece na liberdade e na videncia os trazos do discurso poético. Rimbaud representaríaos do mellor xeito. Eis a motivación de Oriana Méndez retomar o título dun poema de Une saison en enfer. Hermo pertencería a esa mesma estirpe poética, só que desprovista en sentido comunitario e nacional de calquera relato afiunzado no poder ou na lexitimación de posuír a terra e a cultura (os galegos como vixiantes da propia subalternidade, nun reverso de Europa, contrasta Méndez). Esta, con outras, sería a razón de interpretar Gonzalo Hermo a poesía como un estado de excepción desde o cal dirixirse ás lectoras, a nós, nalgún xeito "contra nós", a fin de procurarnos conmoción e desasosego mediante un lirismo trasposto, anticanónico, violento.

 
mendez_2012_hermo.pdf (.pdf 171 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org