Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Texto inédito en forma impresa até a súa publicación en poesiagalega.org. Recolle as palabras da presentación do libro de Gonzalo Hermo Crac (Edicións Barbantesa, 2011), na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela o día 18 de xaneiro de 2012. Chus Pato compartiu o acto de presentación co propio poeta e con Oriana Méndez, Francisco Cortegoso e Alicia Fernández.

A presentadora sinala o feito de Crac constituír un dispositivo preparado para unha escena única, a dunha insurrección, malia o cal disporía asemade múltiples liñas de forza que falan, entre outros obxectos, do desexo, do estado de excepción, da lei, da autoridade, do caos e da busca. Pato sinala no texto as relacións intertextuais que os poemas deixan ver e, con apoio en Sófocles e en Deleuze, pregúntase por unha busca non dependente da ordenación previa do espazo. De aí, observa, o signo da orientación; do libro como orientación que de forma necesaria implica querer saber e tamén loita, violencia, intensidade, travesía.

 
pato_2011_hermo.pdf (.pdf 182 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org