Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Álvarez Cáccamo, Xosé María (1983)
"Anisia e outras sombras"
Nordés: 11 (II Data), pp. 35-36.

O crítico presenta esta creación compartida entre Manuel Rivas e Xavier Seoane como un experimento lúdico que non acada, nin o pretende, a altura das obras anteriores de ambos os dous autores. É posible, di, recoñecer a man de cada autor nos textos, polas constantes estéticas de cadaquén, como a lingua liberada, o argot underground, a incitación á viaxe iniciática (motivo de Luís Seoane) e a óptica irónica e urbana (no caso de M. Rivas). Está presente a mitoloxía do cine e a fragmentación propia das tomas cinematográficas, de xeito que o traballo final do libro imaxínao o crítico como a montaxe dunha película. Sinala tres maneiras de aparición do fragmentarismo, e nomea os poemas que lle resultan de maior calidade. Aparece no número "Homenaxe a Luís Seoane".

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org