Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O artigo debulla a pegada que a poesía clásica greco-latina deixou na obra de Florencio Vaamonde por tres vías: a das traducións que realizou de autores como Virxilio, Horacio ou Anacreonte, a da emulación e a da imitación. Ofrécese así unha pormenorizada achega a esa pegada no eido retórico, métrico e temático. Revélanse tamén a herdanza mítica e varios casos de diálogo intertextual directo. Segundo a hipótese exposta, todo isto formaría parte dun programa de desenvolvemento dunha poesía galega culta, a partir da tradución e asimilación dos clásicos grecolatinos. No caso de Vaamonde, esta asimilación (sobre todo do modelo horaciano) valeulle de inspiración para crear unha forma poética orixinal, axeitada ao seu contexto histórico-literario, forma na que había máis de emulación que de imitación.

 
amado_1999_vaamonde.pdf (.pdf 2.4 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org