Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

García-Sabell, Domingo (1986)
"A verdadeira personalidade de Rosalía"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 15-32.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Despois de aludir á sona de Rosalía de Castro que a converteu nun símbolo e nun mito, Domingo García-Sabell establece unha comparación con outro mito e símbolo: Castelao. A continuación, o estudoso pregúntase pola persoa de Rosalía, pois considera que se coñece a súa biografía pero non a súa existencia. Para responder, García-Sabell prepara unha pescuda fenomenolóxica sobre a esencia da poeta nos seus dous libros en galego (lingua na que se atopa a canle auténtica da mostración existencial rosaliana): Cantares gallegos e Follas novas.

Analízase a creación nos dous poemarios e considérase que o entramado existencial de Follas novas se basea nos seguintes datos: incomprensibilidade, odio, vivencia relixiosa, ocultacións e radicalidade reaccional. García-Sabell conclúe indicando a necesidade de engadir nesa descrición humana de Rosalía a tenrura e a ledicia, aínda que ningunha análise pode aclarar o pouso último do ser humano.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org