Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Lafollette Miller, Martha (1986)
"Rosalía de Castro: su autoconcepto como poeta y como mujer"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 65-72.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

A autora describe actitudes de Rosalía de Castro que mostran a asimilación da retórica da súa época no relativo á muller. Con todo, a análise da súa obra e da súa biografía suxire que esa abnegación e modestia é unha visión parcial.

Para Martha Lafollette algunhas teorías psicanalíticas da personalidade axudan a comprender a poeta, a corrixir falsas interpretacións e a abrir outras novas. Nesta liña, Lafollette considera que as emocións atribuídas por Alice Miller á privación materna son moi evidentes en Rosalía e permiten ver a relación entre eixes sociais e sociolóxicos na súa obra, recoñecer contradicións entre elementos da retórica decimonónica que ela utiliza e as posibilidades humanas que lle foron dadas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org