Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villagrasa, Enrique (1986)
"Breve acercamiento a los condicionamientos de la vida y obra de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 81-83.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Para o autor deste artigo é importante comprender os condicionamentos da obra de Rosalía de Castro e por esta razón repasa a súa biografía, especialmente os anos decisivos de formación en Santiago de Compostela.

A continuación, Enrique Villagrasa céntrase en varias datas clave na historia de Galicia: a revolución e o levantamento de 1846 (que acabou cos fusilamentos en Carral), o ano da fame de 1853 e o banquete de Conxo de 1856. O primeiro e o último acontecemento, segundo Villagrasa, deberon afectarlle fondamente a Rosalía, pois, aínda que non participase, puido seguir o seu desenvolvemento por ser amiga dalgúns protagonistas.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org