Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Presentación do poemario Música de cinza de Manuel Forcadela a cargo da profesora Camiño Noia durante un acto celebrado en Vigo. A presentadora comeza situando a Manuel Forcadela dentro da Xeración dos 80 e repasa os trazos renovadores deste grupo de poetas.

A continuación describe a poesía de Manuel Forcadela dende o seu primeiro poemario, Ferida acústica de río (1982), ata o que se presenta, Música de cinza (2008). Nesta descrición Camiño Noia enumera catro constantes da poesía de Manuel Forcadela: a atención aos recursos fónicos, a presenza das formas do neoclasicismo e do decadentismo, a experiencia da viaxe e a ausencia de cotidianeidade.

De Música de cinza a profesora salienta os temas tratados, algún deles novo no poeta (relación coa literatura, memoria dun pasado feliz, presenza das vivencias persoais e da tristeza) e a musicalidade do libro. O título, pois, "responde plenamente ó contido verbal dos poemas, construídos con atinados recursos musicais" e a cinza como "metáfora do que foi, dos restos de vidas que permanecen na lembranza".

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org