PENÉLOPE
DECLARA O ORÁCULO:
"Que a banda do solpor e mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
Que ramos de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
Que acades desas patrias a vindima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons".
Así falou Penélope:
"Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto nobelo e tanta historia?
EU TAMÉN NAVEGAR."
[Poesía reunida (1957-2001). Santiago de Compostela: PEN Clube de Galicia, 2004]
culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org