Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio (1996)
Celso Emilio Ferreiro. Escolma de entrevistas
1 hora 14 minutos e 35 segundos





Descrición: Gravación que recolle unha escolma das entrevistas a Celso Emilio Ferreiro para o libro Celso Emilio Ferreiro: Compañeiro do vento e das estrelas (1981). O audio foi publicado polo Consello da Cultura en 1996, na colección "As nosas voces" do Arquivo Sonoro de Galicia. O testemuño do poeta foi ordenado en diferentes seccións que atenden a súa infancia, os aspectos ideolóxicos, a experiencia da guerra civil española, a fase de formación poética, o repaso da súa obra, a relación coa lingua e a cultura galegas, a emigración a América, o regreso posterior a Galicia, a evocación dos ámbitos familiar e sentimental e, finalmente, a reflexión sobre a vellez.

Tipo de video: Vídeo informativo

Fonte: Arquivo Sonoro de Galicia - Consello da Cultura Galega / youtube.com

Metadatos: Ferreiro, Celso Emilio; Porteiro, María Xosé; Perozo, Xosé Antonio; poesía social; poesía comprometida; poesía e política; poesía e exilio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org