Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Casas, Arturo (2002)
Bibliografía sistemática de Teoría literaria
26
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.



Descrición: Número monográfico do Boletín Galego de Literatura: 26. Presentación de Anxo Tarrío Varela. Capa de Víctor Casas. As ilustracións interiores, do mesmo autor, non se incorporan a fin de reducir o tamaño do arquivo e facelo máis manexábel.

Metadatos: teoría da literatura; historia literaria; crítica literaria; literatura comparada; teoría do poema; estudos literarios; lectura; ficción; poética; retórica; interartes; hermenéutica; oralidade; escritura; tematoloxía; diálogo; descrición; argumentación; intertextualidade; manuais; dicionarios; ideoloxía; tradución; transdución; dialoxismo; discurso; pragmática; enunciación; narración; poesía e lírica; métrica; ritmo; estrofas; xéneros poéticos; poema en prosa; verso libre; poesía experimental; estilística; estruturalismo; deconstrución; formalismo; estudos culturais; socioloxía literaria; fenomenoloxía; romanticismo; clasicismo; semiótica; postestruturalismo; feminismo; poscolonialismo; marxismo; idealismo; psicanálise; psicocrítica; comentario de texto; semiótica da cultura; mitocrítica; estudos empírico-sistémicos; posmodernismo; posmarxismo; estudos gay-lesbianos; imaxinario; historicismo; interpretación.

Observacións:

Esta bibliografía sistemática contén máis de 6.000 referencias (monografías, artigos, capítulos de libros, números monográficos de revistas) sobre Teoría e Crítica literarias, así como sobre Literatura comparada e outras disciplinas relacionadas cos Estudos literarios.

O límite temporal das publicacións é o ano 2001. Recóllense referencias publicadas sobre todo en inglés e nas seguintes linguas románicas: galego, portugués, castelán, francés, catalán e italiano. Son excepcionais as referencias noutras linguas.

A bibliografía organizouse en sete grandes apartados, cada un deles coas súas epígrafes, correlativos na altura aos programas vixentes das materias impartidas pola área de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela. As referencias bibliográficas e hemerográficas asígnanse sistematicamente a unha ou varias epígrafes en función dos seus contidos.

A inmensa maioría das referencias foi consultada nas bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, polo que seguirá sendo de acceso público para estudantes e profesorado.

 

ORGANIZACIÓN TEMÁTICA DA BIBLIOGRAFÍA


1. Deslindes

1.1.    Cuestións epistemolóxicas: problemas e métodos.
1.2.    O campo dos Estudios literarios.
1.3.    As subdisciplinas dos Estudios literarios: Teoría da literatura, Historia da literatura, Crítica literaria e Literatura comparada.
        1.3.1. Obxecto, metodoloxías e problemas básicos da Historia da literatura.
        1.3.2. Obxecto, metodoloxías e problemas básicos da Crítica literaria.
        1.3.3. Obxecto, metodoloxías e problemas básicos da Literatura comparada.
1.4.    A Teoría da literatura fronte a outras disciplinas humanísticas e sociais.
1.5.    Variabilidade e pluridimensionalidade histórica e cultural do concepto de literatura e dás súas funcións. Literatura e novos medios.
1.6.    A literatura entre as artes.

2. Historia da Teoría literaria

2.1.    A Poética e a Retórica en Grecia e Roma. A Poética helenística.
2.2.    A Poética e a Retórica medievais.
2.3.    A Poética e a Retórica clasicistas.
2.4.    Da Poética da Ilustración á Poética romántica.
2.5.    O paradigma filolóxico e outros desenvolvementos teóricos no século XIX.
2.6.    Século XX: os paradigmas formal-estructural e semiótico.
2.7.    Século XX: os paradigmas sociolóxico, marxista e sistémico.
2.8.    Século XX: postestructuralismo e paradigmas fenomenolóxico-hermenéutico e do suxeito enunciador.

3. Elementos

3.1.    Representación e ficción. Temática.
3.2.    Oralidade e escritura.
3.3.    A obra literaria: texto, sistema literario e feito social.
3.4.    A obra literaria en canto formación estratificada de carácter estético-lingüístico. Aspectos ontolóxicos e fenomenolóxicos.
3.5.    A obra literaria en canto discurso e acción comunicativa. Aspectos pragmáticos da enunciación literaria.
3.6.    Epistemoloxía da obra literaria. Autor e lector. Formas de lectura.
3.7.    Intertextualidade, transducción e traducción.
3.8.    A obra literaria como signo ideolóxico e cultural.
3.9.    A interpretación.
3.10.    Universais e tipoloxía literaria. A cuestión dos xéneros.
3.11.    O diálogo e o dialoxismo.
3.12.    A narración e a narratividade.
3.13.    A descrición.
3.14.    A argumentación.

4. A poesía

4.1.    Poesía e lírica. A prosa e o verso.
4.2.    Pragmática da poesía. A enunciación poética. Poesía, referencia e ficción.
4.3.    A recepción da poesía. O espacio sociocultural e sistémico da poesía.
4.4.    Conceptos métricos fundamentais: ritmo, metro e verso.
4.5.    Tipoloxías. Estrofas e xéneros. Opcións morfolóxicas non convencionais: o verso libre, o poema en prosa e a poesía experimental.
4.6.    A especificidade estético-lingüística da poesía. Niveis gráfico, fónico e morfosintáctico.
4.7.    A especificidade estético-lingüística da poesía. Nivel semántico-temático.

5. A narrativa ficcional

5.1.    A enunciación narrativo-ficcional. Historia e discurso.
5.2.    Tipoloxías do arquixénero narrativo ficcional. A narrativa de transmisión oral: as formas épicas e o conto tradicional. O conto literario.
5.3.    Conceptos de novela. Morfoloxía novelística.
5.4.    Visión e voz. A modalización narrativa. Variantes discursivas.
5.5.    O cronotopo: temporalización e espacialización.
5.6.    Elementos semánticos da narración ficcional.
5.7.    A historia e as categorías actanciais. Lóxica e gramática do relato.

6. O teatro

6.1.    Texto dramático e texto espectacular. A enunciación teatral.
6.2.    O teatro como acción comunicativa. O diálogo teatral.
6.3.    A representación e os signos teatrais. O público. O actor.
6.4.    Tipoloxía teatral. A traxedia, a comedia e outras modalidades teatrais.
6.5.    Espacio dramático e ámbitos escénicos.
6.6.    O tempo no teatro.
6.7.    A acción dramática. O personaxe e as categorías actanciais.

7. O ensaio

7.1.    A enunciación ensaística. Formas liminares ensaístico-ficcionais.
7.2.    O ensaio e o sistema literario. Tipoloxía histórica e metodolóxica das modalidades didácticas e argumentativas.
7.3.    Razón, persuasión e técnicas argumentativas.
7.4.    Dispositio e elocutio no ensaio.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org