Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Blanco García, Carme (1986)
"A problemática da escritora na obra de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 293-298.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

A autora comeza aclarando que no seu traballo se cingue ao enfoque extrínseco das relacións entre sexo e escritura, pois na obra de Rosalía de Castro está presente a relación da escritora co contexto social. A continuación, rastréxase esa relación na obra de Rosalía e encóntrase a proclama feminista, tanto nos escritos de xuventude como nos limiares da súa narrativa e da súa lírica.

Destácase, a partir de datos biográficos e literarios, o rexeitamento que a poeta mantivo con respecto á dimensión pública da escritura e céntrase nos momentos clave desa temática. Neste sentido, os prólogos exemplificarían a visión prexuizosa sobre a muller escritora na época e marcarían o estilo de Rosalía (ironía, ambigüidade, citas doutras escritoras...).

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org