Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Descrición: Antoloxía conmemorativa do V Festival da Poesía no Condado, celebrado en Salvaterra de Miño no mes de xuño de 1985. O limiar da publicación vai asinado polo xornalista Gustavo Luca de Tena, que fai referencia ao carácter perdurábel da poesía e á súa capacidade para facer de ponte entre a realidade e os proxectos utópicos. A nómina de poetas recollida na escolma é a seguinte: Xoaquín Agulla Pizcueta, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xela Arias, Xavier R. Baixeras, Darío X. Cabana, Miguelanxo Fernan-Vello, Xosé Devesa, María Díaz Vidal, Manuel Forcadela, Margarita Ledo Andión, Ánxeles Penas, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Paco Rodesca, Antonio Santamarinha, Henrique Manuel Rabunhal Corgo, A.R.Reixa, Rivadulla “Corcon”, Xulio Valcárcel, Vázquez Pintor e Victor Vaqueiro (Galiza); J. M. Sala Validaura e Josep Piera (Cataluña); Pires Laranjeira e António Jacinto (Angola); Ovídio Martins (Cabo Verde) e Jorge Rebelo (Mozambique). Ademais, nesta edición estabelécense distintas seccións dedicadas a outras formas de expresión artística, como a pintura, a escultura, a fotografía e o humor gráfico. Cada unha delas está composta por unha pequena mostra representativa da obra de autores galegos contemporáneos, precedidas no caso da pintura e da fotografía por cadanseu texto introdutorio ("Alternativas 80. Artistas galegos na fronteira...", de X. Antón Castro Fernández, e "Notas sobre fotografía galega", de Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal).

Metadatos: Festival da Poesia no Condado; Agulla Pizcueta, Xoaquín; Álvarez Cáccamo, Xosé María; Arias, Xela; Rodríguez Baixeras, Xavier; Cabana, Darío Xohán; Fernán-Vello, Miguel Anxo; Devesa, Xosé; Díaz Vidal, María; Forcadela, Manuel; Ledo Andión, Margarita; Penas, Ánxeles; Pexegueiro, Alfonso; Rivas, Manuel; Rodesca, Paco; Santamarinha, Antonio; Rabunhal, Henrique; Reixa, Antón; Rivadulla Corcón; Valcárcel, Xulio; Vázquez Pintor, Xosé; Vaqueiro, Vítor; Sala Validaura, J. M.; Piera, Josep; Pires Laranjeira; António Jacinto; Martins, Ovídio; Rebelo, Jorge; poesía e compromiso; poesía e política; poesía e oralidade; SCD Condado.

Observacións:

O equipo de poesiagalega.org fai constar o seu agradecemento á Sociedade Cultural e Desportiva do Condado, pola súa disposición e axuda para a incorporación a este repositorio dixital de distintos materiais relacionados co Festival da Poesia no Condado.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org