Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Dopico, Montse, e Antón R. López (eds.) (2011)
"Roberto Martínez Andrade"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 862, (28/04/2011).

Número íntegro de "Revista das Letras" dedicada ao poeta monfortino Roberto Martínez Andrade (1918-1978). Comprende unha presentación da súa personalidade e obra a cargo de Montse Dopico e Antón R. López seguida dunha selección dalgúns poemas. A obra de Martínez Andrade estaba culminada en 1961, porén non foi redescuberta até 1984, ano no que o Concello de Monforte publicou o volume Esta é unha pequena hestoria de amor e de noites, ao coidado de Xosé Luís Allué Andrade. Dese libro está tirada a actual escolma. Dopico e López salientan así mesmo as relacións de amizade que o poeta mantivo con Manuel María, Uxío Novoneyra (revisor lingüístico da súa produción poética nos anos 60) e outros monfortinos do seu tempo.

 

Deseño de "Revista das Letras": Signum.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org