Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Moure, Teresa (2011)
"O Monforte de Lois Pereiro"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 866, (19/05/2011). pp. 4-5.

Descrición sociolóxica e sentimental dun Monforte só parcialmente compartido no tempo e na vivencia xuvenil por Teresa Moure e Lois Pereiro. A autora fala da familia do poeta, en particular da nai, da irmá e da señora Amalia, e lembra algúns dos espazos que os biógrafos de Pereiro teñen destacado como escenarios habituais de encontros. Detense así mesmo en aspectos sociolingüísticos e traza un retrato colectivo da cidade e dos seus habitantes. Moure observa que nunca falou con Pereiro e tamén que serían notábeis as diferenzas canto a referencias artísticas, literarias ou noutros planos. Malia o cal destaca que hai algo no que se recoñece, algo compartido: "a alma devastada, a provocación infinda, os modos agrestes do punk".

Deseño de "Revista das Letras": Signum.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

Bibliografía secundaria sobre:
Pereiro, Lois; Carvalho Calero, Ricardo; Moure, Teresa.
 
moure_2011_pereiro.pdf (.pdf 324 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org