Neste artigo José Luís Forneiro dá conta do encontro de Uxío Novoneyra na súa aldea natal (Parada de Moreda, Lugo) cun equipo do Seminario Menéndez Pidal da Universidade Complutense de Madrid, que estaba a recoller romances tradicionais en Galiza en xullo de 1982. Naquela tarde estival obtívose un bo feixe de textos romancísticos (entre eles o tema carolínxio de Belardo e Valdevinos), Uxío Novoneyra escribiu caligramas para os catro membros do equipo madrileño e máis tarde un deles, Jon Juaristi, dedicaría un poema (Iré al Caurel) ao poeta lucense. No traballo son tratados os romances recollidos, así como o feito de Uxío Novoneyra descoñecer o estado da tradición romancística da súa terra. Así mesmo, no artigo figuran dúas fotografias, un caligrama e o romance carolínxio e o poema de Juaristi citados.
 culturagalega.org
      Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada 
Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto
      
        Consello da Cultura Galega
        Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
        Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org