Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Álvarez Cáccamo, Xosé María (2001)
"As cartas"
1 minuto e 18 segundos





Descrición: Gravación pertencente ao volume Poetas e narradores nas súas voces, publicado polo Arquivo Sonoro de Galicia (Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2000).

Tipo de son: Audio creación

Formato: mp3

Fonte: Consello da Cultura Galega

Dereitos: Consello da Cultura Galega

Observacións:

 

AS CARTAS

O noso amor comeza onde teñen os ríos
unha fonte entre musgos como niño de flor.
Eramos dous extremos do mundo antes da luz
e a nosa ciencia un soño poboado de cifras,
letras para saber os nomes radicais
dun ouriol, dunha garza, dunha erba finísima.
E chegaron as cartas, entraban en descuido
á casa onde dormías escoitando a maré
ir e vir e romperse por dentro dos teus ollos.
Polas tardes, detrás da néboa azul do inverno,
soaba unha campá: era unha carta túa
escrita en miniatura de risos e felices
certezas, o futuro contigo para sempre.
O noso amor comeza nas minas do salitre,
na hora en que despertan as pétalas do argazo,
cando as ondas nocturnas queiman con flor de escuma
o corazón absorto dos amantes espidos.
O noso amor, a lenda dunha viaxe fluvial
que embarcou na ribeira dun soño inevitábel
escrito para nós.

[A Escrita das Aves de Marzo. Lisboa: Tema, 1997]

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org