Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Forneiro, José Luís (2011)
"O romanceiro tradicional na Lusofonia e na Galiza"
Boletín Galego de Literatura: 45, pp. 197-206.

Neste traballo son presentadas a historia, a vitalidade e as características do romanceiro tradicional de Galiza e do daqueles territorios onde se fala a lingua portuguesa. Son indicados os elementos comúns ou diferentes da tradición romancística galega a respecto dos romances de Portugal e dos outros territorios da chamada Lusofonía.

Hoxe a tradición portuguesa é a mellor estudada de todas as do mundo ibérico; porén, en Galiza aínda hai no século XXI estudiosos que defenden a existencia dun romanceiro en lingua galega, mais na realidade, trátase dun romanceiro creado a partir do século XIX por Manuel Murguía e por outras personalidades posteriores da cultura galega, e está fundamentado en textos apócrifos e na tradución ao galego de romances auténticos tirados do saber oral de Galiza.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org