Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Quiroga, Carlos (1996)
"Literatura galega hoje: al-khuarizmi (... de literatura galega)"
Mealibra: 13, pp. 111-174.

Introdución e caracterización sintética da literatura galega destinada a un público portugués, que profundiza particularmente no contexto literario das últimas décadas e que inclúe unha antoloxía de autoras e autores dispostos en orde alfabética e cunha nota biobibliográfica mínima. Consta dun "preâmbulo prescindível" que se centra en cuestións sociohistóricas, dun "esclarecimento necessário" en relación aos aspectos políticos e técnicos do dominio español sobre o campo cultural galego atinxentes mesmo á ortografía, e logo da explicación propiamente historizante e analítica. Esta explicación parte dunha clasificación dos autores e autoras en tres categorías segundo o momento no que comezan a participar de xeito efectivo no campo cultural galego, e desenvólvese segundo unha organización expositiva en tres niveis: cronoloxía, xénero e finalmente temática ou particularidades específicas. Hai unha atención especial tanto en prosa como en poesía á posición central no canon de Xosé Luís Méndez Ferrín polo que de chamativo resulta para o autor do artigo, así como aos autores e autoras que optan polo reintegracionismo na súa creación literaria.

Bibliografía secundaria sobre:
al-khuarizmi ; Méndez Ferrín, X. L..
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org