Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (1996)
"O Soneto Neo-Latino (Vila Nova de Famaliçao, 1929-1933): estudio dunha revista poética singular, especialmente das colaboracións galegas"
Anuario de Estudios Literarios Galegos: 1995, pp. 11-37.

O artigo describe a estrutura e os contidos da revista O soneto Neo-Latino, publicada en Portugal entre 1929 e 1933, que chegaría a acoller un total de 129 sonetos en seis linguas románicas. Préstase especial atención aos nove sonetos galegos de Iglesia Alvariño, Noriega Varela e Otero Pedrayo. O artigo remata sintetizando brevemente a fortuna do soneto na literatura galega ata a actualidade.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org