Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Losada Castro, Basilio (1986)
"Rosalía e a dor dos inocentes"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 211-215.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Basilio Losada considera que Rosalía de Castro é un clásico no sentido orteguiano porque non se esgota a súa mensaxe no ámbito temporal no que lle tocou vivir e porque é quen de suxerir novas lecturas. A continuación repasa a recepción sufrida pola poeta dende unha consideración folclórica, pasando por outra existencial e, finalmente, social. Esta última, para Losada, é tamén unha interpretación relixiosa cuxos elementos centrais son o silencio de Deus e a dor dos inocentes. Conclúese reiterando que unha das dimensións máis relevantes da poeta é "aquela onde a poesía social, a poesía relixiosa e o mesmo talante persoal de Rosalía coinciden".

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org