Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Naya Pérez, Xoán (1986)
"Raíces folclóricas na obra de Rosalía de Castro: o tema do corazón"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 201-203.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese ao libro Inéditos de Rosalía no que se inclúe un capítulo relativo á colaboración de Rosalía de Castro co seu home e aos orixinais rosalianos de temática folclórica cedidos pola súa filla ao autor do traballo.

Xoán Naya considera que o máis relevante da poeta está nos textos tomados da lírica popular, refire as posibles fontes lusitanas que puideron inspirala e exemplifica a través dunha cantiga.

Por último indícase que Manuel Murguía, tamén interesado na musa popular, puido incitar a familia á recolección deste tipo de textos.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org