Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Noia Campos, Mª Camino (1986)
"Elementos literarios femininos na poesía de Rosalía de Castro"
Actas do Congreso Internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo: I. pp. 265-281.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela.

Alúdese ao tópico de aplicarlle características literarias masculinas á obra de Rosalía de Castro e cítase un crítico nesta liña. A continuación estúdanse os elementos que, na poesía de Rosalía, describirían a súa feminidade. Con este obxectivo analízase a finalidade da lírica da poeta e o tratamento dalgúns temas representativos da súa obra en galego e nos que se manifesta a orixinalidade propia dunha muller (o amor, a soidade, a muller, a autocrítica, a moralidade e a denuncia social).

Conclúese comparando a produción poética en galego coa produción en castelán e destácase que na primeira Rosalía se mostraría como unha autora pouco romántica, máis sincera e máis espontánea.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org