Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Catalán, Diego (1997)
"Memoria e invención en el romancero de tradición oral. Reseña crítica de publicaciones de los años 60 (1970-1971)"
Arte poética del romacero oral. Parte 1ª. Los textos abiertos de creación colectiva: pp. 31-88.
Madrid: Siglo XXI.
cuestadelzarzal.blogia.com

Diego Catalán fai constar neste artigo o feito de o romanceiro “terse posto de moda” na década de 1960 como tema de investigacións filolóxicas, folclóricas e literarias, así como dá conta da exploración do romanceiro sefardita. Salienta os traballos recentes naquel tempo do francés Paul Bénichou e do italiano Giuseppe Di Stefano sobre os aspectos creativos do romanceiro tradicional, en que estudan cuestións como El moro que reta a Valencia (de asunto cidiano), La muerte del príncipe don Juan (sobre a morte do fillo dos Reis Católicos) e o romance vulgar El cautivo del renegado, vivos os dous últimos na Galiza administrativa, en canto o primeiro ten sido recollido na zona de fala galega da bisbarra zamorana de Sanabria. Igualmente Diego Catalán destaca un artigo do brasileiro Braulio do Nascimento en que este aplica técnicas cuantitativas de análise da variación nun romance, concretamente en Veneno de Moriana, tema moi vivo en Portugal, no Brasil e tamén presente na tradición de Galiza.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org