Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Regueiro, Arturo L. (2010)
"Nova Orleáns, Nova Orleáns"
3 minutos e 16 segundos





Descrición: Interpretación do poema "Nova Orleáns, Nova Orleáns", pertencente ao libro Galiza Cajun (2009), de Arturo L. Regueiro. Gravación na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela o 15 de abril de 2010. Voz: Arturo L. Regueiro e O Leo i Arremecághona. O Leo i Arremecághona (guitarra), Pepe Sendón (percusións).

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: YouTube

Metadatos: Regueiro, Arturo L.; Galiza Cajun; Sendón, Pepe; O Leo i Arremecághona.

Observacións:

 

NOVA ORLEÁNS, NOVA ORLEÁNS

Nova Orleáns, Nova Orleáns,
cando regresarei au teu ar de flores podres e petróleo?
Podédesmo dicir vós, Irmáns Chernier?
Cando aos teus tópicos de prostíbulo,
a toda a literatura barata da televisión.
Cando?
Pódesmo dicir ti, Professor Longhair?

Non será nun día gris
cando será erguido
o palio da nosa derrota,
mais si no azul, soleado
abrente cando terán certo sentido
as bágoas e o adeus.

Fraga infecta, po das chairas,
que lonxe me quedades agora
destas leiras cativas,
da lareira chea de fame.
Fraga infecta, po das chairas,
quen me dera morrer en Luisiana.

 

(De Galiza Cajun, 2009)

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org