Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Soto, Luís G. (García) (2000)
"O compromisso ético-político na literatura... (galega)"
Agália: 63-64, pp. 185-202.

Análise e clasificación dos tipos de formulacións ético-políticas encadrables na etiqueta "literatura comprometida": o compromiso do autor, o compromiso co destinatario, o que se dá na escrita e o lingüístico. O compromiso do autor encádrase nun epígrafe sobre literatura e hexemonía. O relativo ao destinatario entra na literatura "social". O atinxente á escrita denomínase literatura "radical". Polo que respecta ao compromiso lingüístico, dentro do epígrafe "literatura esencial", é o que recibe máis atención dado que se valora por cruzamento cos demais tipos. Por último, tíranse unha serie de conclusións xerais sobre os efectos que a literatura acentúa na súa versión comprometida.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org