Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Forneiro Pérez, José Luís (2000)
"Os temas em galego do romanceiro tradicional da Galiza"
ELO. Estudos de Literatura Oral: 6 Edición. pp. 59-75.

Desde a década de 1960 só é considerada como literatura galega a que está expresada en galego, mais segundo José Luís Forneiro este critério lingüistico non pode ser extrapolado para a literatura popular, sobre todo para o romanceiro tradicional da Galiza, que conservou en boa medida o seu castelanismo lingüístico orixinario. A maioría dos romances galegos son bilingües en maior ou menor grao, así, os romances monolingües en galego ou castelán son poucos e, en xeral, se caracterizan polas súas deficiencias tanto no nivel da expresión como no do contido, o que os sitúa nas marxes do romanceiro de tradición oral. Os escasos romances que se recolleron sempre na lingua autóctona ou son importacións raras, relativamente recentes, da tradición de Trás-os-montes ou son temas xocosos ou pastorís.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org