Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Estudo da achega fundamental da produción crítico-historiográfica de X.L. Méndez Ferrín, o libro De Pondal a Novoneyra (1984), que tivo como precedente a súa tese de doutoramento (1973) e a tese de licenciatura (1960), centrada esta en Pondal. Malia configurar unha proposta de grande influencia posterior constitúe unha interpretación historiográfica e periodolóxica apenas debatida nos seus fundamentos teóricos e nos seus condicionantes. O mesmo pode indicarse sobre a súa posíbel correlación coa obra poética ferriniana e as súas persoais escollas poéticas. A análise céntrase neses aspectos e na atención que Ferrín presta ao cambio histórico e á xerarquización de normas poéticas para delimitar os sucesivos períodos historiográficos por el fixados con tanto éxito: Escola formalista, Antre Dous Séculos, Xeración Nós, Xeración do 25, Xeración de 1936, Promoción de Enlace e Xeración das Festas Minervais.

Bibliografía secundaria sobre:
Méndez Ferrín, X. L.; De Pondal a Novoneyra.
 
casas_2008_ferrin.pdf (.pdf 380 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org