Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O artigo comeza indicando dous aspectos particulares da literatura galega: ter como bandeira unha escritora e procurar a dignidade e a transgresión dos dogmas dominantes. A continuación estúdase a dimensión de Rosalía de Castro como poeta nacional a través dos seus poemarios en galego. Así, para Anxo Angueira, Cantares gallegos inaugura o Rexurdimento das letras galegas contemporáneas e emprega unha estratexia clara, na temática e nas formas, para a defensa da dignidade de Galicia e dos galegos. En canto a Follas novas representaría unha voz distinta e desafiante fronte á Restauración. Angueira considera necesaria a lectura da obra en castelán (En las orillas del Sar, sobre todo) pois esta tampouco esquecería o canto á terra.

Máis adiante alúdese ao coñecemento que Rosalía posuía da literatura e do pensamento do seu tempo e incídese na súa cultura ao recrear motivos recuperados polas poetas do século XX.

Por último, coméntase a diferente recepción que mereceu a poeta ao longo de tres séculos: dende os tratamentos inofensivos e sexistas, pasando pola canonización como santa e nai, a consideración como autora metafísica e existencial e a valoración como escritora patriótica e social, ata a visión de Rosalía como feminista. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org