Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Ínsua, Emilio Xosé (2011)
"Pastor Díaz e os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro"
Heraldo de Vivero: 3.770, (16/09/2011). pp. 10-11.
Javier Canosa Penaba.

O semanario Heraldo de Vivero publicou o dossier titulado "Bicentenario del nacimiento de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle" para celebrar a efeméride e lembrar a relevancia histórica, política e literaria de quen, entre outros cargos, foi varias veces deputado e tamén ministro, reitor da Universidad Central e académico da RAE. O artigo de Emilio Xosé Ínsua céntrase no proxecto fanado pola morte de Pastor Díaz de que este fose o prologuista dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Ínsua revisa a teor disto a difícil converxencia no plano político entre o escritor viveirés e os movementos provincialista e rexionalista, e incluso entre estes mesmos e os seus respectivos idearios e estratexias. Faino a través de referencias debidas a Murguía e tamén mediante alusión aos maiores representantes da xeración provincialista. Alén do anterior, achéganse varias citas relativas á percepción que Pastor Díaz tivo nos últimos anos da súa vida sobre a posibilidade dun emprego literario digno da lingua galega e mais sobre a escritura das mulleres daquel tempo, tanto en Galiza como en España.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org