Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2011)
"Dúas notas literarias sobre Pastor Díaz"
Heraldo de Vivero: 3.770, (16/09/2011). pp. 1.
Javier Canosa Penaba.

O semanario Heraldo de Vivero publicou o dossier titulado "Bicentenario del nacimiento de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle" para celebrar a efeméride e lembrar a relevancia histórica, política e literaria de quen, entre outros cargos, foi varias veces deputado e tamén ministro, reitor da Universidad Central e académico da RAE.O artigo de Xesús Alonso Montero centra a atención no que supuxo en 1951 o coñecemento da "Égloga de Belmiro e Benigno", tras sacala á luz Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso en Edicións Monterrey. Alonso Montero destaca a atención prestada por Castelao a Pastor Díaz, os lugares nos que dedicou algunhas liñas de fervorosa exaltación a el e a súa composición "A alborada" (a única que o rianxeiro coñeceu en lingua galega). A exhumación da égloga en 1951 supuxo unha reconsideración histórico-literaria de primeira magnitude e situou o nome do seu autor entre os máis relevantes da prehistoria do Rexurdimento. Así o expresou no seu momento Álvarez Blázquez e con el asentiron, segundo lembra Alonso Montero, estudosos e intelectuais como Bouza Brey, Fernández del Riego ou Leal Ínsua. O autor salienta así mesmo o feito de que Pastor Díaz ía ser o autor do limiar aos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Impediuno o seu falecemento, dous meses antes de que o libro fose ao prelo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org