Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Nuevo Cal, Carlos (2011)
"Esquecemento e actualidade de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle"
Heraldo de Vivero: 3.770, (16/09/2011). pp. 4-5.
Javier Canosa Penaba.

O semanario Heraldo de Vivero publicou o dossier titulado "Bicentenario del nacimiento de Nicomedes Pastor Díaz Corbelle" para celebrar a efeméride e lembrar a relevancia histórica, política e literaria de quen, entre outros cargos, foi varias veces deputado e tamén ministro, reitor da Universidad Central e académico da RAE. O artigo de Nuevo Cal ten un carácter panorámico e presenta de xeito esquemático a traxectoria civil e intelectual do escritor, autor de dous textos poéticos en lingua galega, dos principais do pre-Rexurdimento, a "Égloga de Belmiro e Benigno" e "A alborada". Pastor Díaz (Viveiro, 1811 - Madrid, 1863), escribiu a súa égloga probabelmente no contorno do ano 1827 na cidade de Santiago de Compostela. O estudo de Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiro, pasa revista aos cargos e acontecementos principais de Pastor Díaz como home de Estado e publicista, analiza o seu perfil ideolóxico e fai un bosquexo das características da súa produción literaria como autor romántico, adoito comparado polos historiadores galegos con Chateaubriand. Nuevo Cal incide así mesmo no paradoxo de que fronte ao recoñecemento unánime da valía das achegas do escritor nas literaturas galega e española son máis que reducidos os estudos de fondo desa produción.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org