Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López, A. R.; Dopico, M. (coords.) (2010)
"Novoneyra, as descubertas"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": (17/05/2010). pp. 1-32.

No ano en que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Uxío Novoneyra, a Revista das Letras ofrece unha selección das achegas feitas por varios investigadores e amigos do poeta a partir da pregunta "Cal foi a túa descuberta?", co obxectivo de que estes expresasen a súa historia de transformación persoal producida a través da indagación sobre Novoneyra.

Entre os participantes neste monográfico publicado o 17 de maio e ilustrado por Xurxo Fernández están Fran Alonso, Herminio Barreiro, Antón Patiño, José Luis Gallero, Maite Dono, Xosé Lois García, Arturo Casas, Branca Novoneyra, Luís Cochón, Uxío Novoneyra Rei, Esperanza Mariño e Carmen Blanco.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org