Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Recensión sobre Obra en galego completa de Álvaro Cunqueiro na que se repasan as principais obras que a integran. De Mar ao norde, considerado exemplo de “poesía pura”, destácanse as súas principais influencias (Rilke, Valéry, Eliot, Manuel Antonio). Poemas do si e non preséntase como unha obra de influxo surrealista e de gran orixinalidade. A propósito de Cantiga nova que se chama riveira saliéntase a frescura e a modernidade do neotrobadorismo cunqueiriano. Dona do corpo delgado é considerada polo autor unha obra de cambio e de madurez na que adianta algúns temas, como a preocupación polo paso do tempo, desenvolvidos no seu derradeiro libro Herba aquí e acolá, que ofrece o froito da súa experiencia persoal.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org