Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Pociña, Andrés; López, Aurora (1996)
"Ricardo Carballo Calero na historia do rosalianismo. Unha aproximación bibliográfica"
Boletín Galego de Literatura: 15-16, pp. 179-191.

Os autores do artigo comezan chamando a atención sobre a necesidade de escribir unha historia documentada do rosalianismo e nesta liña hai que entender o seu traballo, pois nel pretenden axudar aos investigadores de Rosalía. Para isto céntranse na figura de Ricardo Carballo Calero, estudoso da historia do rosalianismo no século XX.

Andrés Pociña e Aurora López analizan os escritos máis relevantes de Carballo Calero para a divulgación da vida e da obra de Rosalía de Castro. Esta análise organízase en oito epígrafes: edicións de Rosalía de Castro, estudos xerais, estudos biográficos, estudos literarios, estudos lingüísticos, influxos en Rosalía e de Rosalía, verso de Carballo Calero para Rosalía e varios. Nestes oito apartados, ademais de citarse traballos de Carballo Calero, coméntanse aqueles que Pociña e López consideran imprescindibles e exemplifícanse mostras da seriedade do crítico ferrolán.

Bibliografía secundaria sobre:
Castro, Rosalía de; historia de Galicia; historia da literatura galega; Bibliografía rosaliana; Carvalho Calero, Ricardo; Cadaval, Fernando; Cantares gallegos; Follas novas; En las orillas del Sar; Fontoira Surís, Lydia; Padroado Rosalía de Castro; Bouza Brey, Fermín; 7 ensayos sobre Rosalía; Aportaciones a la literatura gallega contemporánea; Sete poetas galegos; Historia da literatura contemporánea I; Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea; Estudos rosalianos; Letras galegas; En torno a Rosalía; Blanco, Carmen; Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía; Sobre lingua e literatura galega; Homenaje a Gonzalo Torrente Ballester; Rosalía viva; Cursos Superiores de Verano en Galicia. Año 1985. Universidad Internacional del Atlántico; Actas Congreso internacional de estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo; Fernán-Vello, Miguel Anxo; Pillado Mayor, Francisco; Conversas en Compostela con Carballo Calero; ; Da fala e da escrita; Curros, Manuel; Valle Inclán, Ramón María del; Trueba, Antonio; Jiménez, Juan Ramón, Machado, Antonio; Dickinson, Emily; O silenzo axionllado; Salterio de Fingoy; Aguirre, Aurelio; Lamas Carvajal, Valentín; Espiñas, follas e froles. Ramiño primeiro; Alonso Montero, Xesús; Coroa poética para Rosalía de Castro; Poullain, Claude Henri; Barro, Teresa; Cartas a Rosalía; Harvard, Robert G; Balbotín, José Antonio; Three Spanish Poets; Martín, Elvira; Tres mulleres gallegas del siglo XIX; Pondal, Eduardo; Marco López, Aurora; Rosalía de Castro. Unha obra non asumida.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org