Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Recensión de Estacións ao mar, de Xohana Torres, na que se sinala a súa continuidade a respecto de Do sulco. Saliéntanse ademais a vontade de perfeccionamento do poema que se percibe na reescritura dalgúns textos e afírmase que a estrutura das composicións é "a do inquedo latexar do pensamento", o que implica mudanzas bruscas no discurso. Analízase a renovación lingüística levada a cabo nos diferentes planos (o que leva a comparar a autora con María Mariño) e identifícanse estilos épico (Méndez Ferrín, con orixes en Mistral ou Pondal) e litúrxico-ritual (Novoneyra, López-Casanova, con orixes en César Vallejo). O tempo como fío condutor leva tamén a relacionar o libro coa poesía filosófica de Rosalía de Castro en Follas Novas.

 
blanco_1981_torres.pdf (.pdf 764 Kb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org