Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Forcadela, Manuel (2003)
"Antón Avilés de Taramancos: poesía e indagación"
En Charo Ferreiro e Inmaculada Pena (coords.).
Congreso sobre Antón Avilés de Taramancos: pp. 137-151.
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Nesta conferencia pronunciada en Noia en abril de 2003, Manuel Forcadela aborda a poesía de Antón Avilés de Taramancos a partir da súa imposibilidade de clasificación dende o punto de vista da súa adscrición a unha escola, a unha xeración, a unha tendencia. Iniciado na poesía durante os anos cincuenta, a súa posterior emigración a Colombia, onde residiu durante varias décadas, e o seu regreso a Galicia no inicio dos anos oitenta, fixeron del un poeta sumamente orixinal que soubo conxeniar a vitalidade lírica desas dúas fases históricas da nosa tradición literaria. Esta achega indaga nas características desta obra orixinal e sorprendente, establecendo varios polos semánticos que parecen funcionar como cernes da súa construción: o compromiso coa poesía e o compromiso co seu país.

Bibliografía secundaria sobre:
Avilés de Taramancos, Antón.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org