Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

López, A. R.; Dopico, M. (coords.) (2010)
"O Roteiro de Fiz Vergara Vilariño"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 813, pp. 1-8.

Monográfico sobre o roteiro literario-artístico dedicado a Fiz Vergara Vilariño (1952-1997) no val da Lóuzara, a súa terra natal. Este proxecto foi inaugurado o 18 de marzo de 2010 e está impulsado pola asociación cultural Ergueitos, de Sarria; nel, trece creadores galegos (Eduardo Valiñas, Paco Pestana, Otero-Yglesias, Mónica Alonso, Violeta Bernardo, Buciños, Álvaro de la Vega, Manuel Caamaño, Caxigueiro, Fernando Yáñez, Miguel A. Macías, Paco Poy e Primitivo Lareu) interpretan plasticamente un poema do autor ligado a un punto xeográfico concreto co obxectivo de que a palabra poética "asalte" os camiñantes dos roteiros.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org