Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Alonso Montero, Xesús (2004)
"A guerra civil tamén se perpretou contra Curros Enríquez (presencias e ausencias do nome e da obra de Curros de 1936 a 1971)"
En Xesús Alonso Montero, Henrique Monteagudo e Begoña Tajes Marcote (eds.).
Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo: 1. pp. 41-102.
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Crónica das presenzas e ausencias de Manuel Curros Enríquez na Galicia interior e na Galicia exterior, entre 1936 e 1971, data esta última da edición da súa poesía galega completa. Compleméntase cun apéndice no que se reproducen algúns dos documentos mencionados no estudo.

O autor sinala o ermo cultural creado tras a Guerra Civil e presta atención á construción da imaxe que o réxime franquista se fixo sobre o compromiso civil de Curros Enríquez, a cal conduciu xa antes de 1939 á prohibición dos seus libros nas bibliotecas da zona controlada polo exército de Franco; mentres que como contrapartida, na zona republicana os seus textos eran adaptados á nova situación histórica como instrumentos de axitación e propaganda antifascista. Alonso Montero mostra a escaseza de noticias sobre a obra e a personalidade de Curros durante os anos 40, e isto malia reeditarse o tomo I das súas Obras Completas e, en enclaves da emigración e do exilio (Buenos Aires, La Habana, Toulouse), reeditarse parte da súa produción e seguir convocándose conferencias e lecturas públicas de textos. Nos anos 50, a partir da conmemoración do centenario do poeta (1951), Alonso Montero documenta a celebración de actos diversos na España franquista, especialmente en Celanova, nos Centros Galegos de Madrid e Barcelona e tamén na prensa non oficialista. No exterior, Eugenio Montes protagonizou un acto conmemorativo no Centro Galego de La Habana. Publicáronse ademais dúas biografías, debidas a Antonio Vilanova e a Luís Carré, ambas en Buenos Aires. E houbo así mesmo actos no Centro Galego de Caracas. As reedicións de Curros nestes anos foron escasas: en 1956 apareceu o volume Obras escogidas; en 1969, O Divino Sainete; e xa en 1971, a editorial Castrelos de Xosé María Álvarez Blázquez publicaría a súa obra completa en galego.

Xesús Alonso Montero conclúe examinando algunhas contradicións nas que incorreron os censores franquistas ao xulgaren a obra do poeta ourensán.

Bibliografía secundaria sobre:
recepción; guerra civil; franquismo; compromiso sartreano; censura; Filgueira Valverde, Xosé; Agromayor, M.; Aires da miña terra; Nueva Galicia; "Mirando ó chau"; Iglesia Alvariño, Aquilino; Otero Pedrayo, Ramón; Curros Enríquez, Adelardo; Galicia da Federación de Sociedades Gallegas; Galicia do Centro Galego de Buenos Aires; Editorial Emecé; Insúa, Alberto; Blanco Amor, Eduardo; Díaz, Avelino; Castelao, Alfonso Daniel R.; Centro Galego de La Habana; Marcos Raña, Francisco; Castro Chané, Emilio; Toulouse; Campio Carpio; Centenario de Curros Enríquez; García, M.G.; Pardo Bazán, Emilia; Celanova; Hidalgo, Emilio P.; Valenzuela, Ramón de; Vilanova, Alberto; Collazo, Celso; Calzado, Daniel; Cunqueiro, Álvaro; Montes, Eugenio; López Abente, Gonzalo; Ferreiro, Celso Emilio; Vilar Ponte, Ramón; Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos; Centro Galego de Madrid; Lobo Montero, Constantino; Mundo Gallego; Varela Iglesias, José Luis; La Noche; Risco, Vicente; La Región; Centro Galego de Barcelona; Lorenzo Sánchez, Antonio; Alborada; La Vida Gallega en Cuba; Álvarez Gallego, Gerardo; Bohemia; Fernández del Riego, Francisco; Grial; Carballo Calero, Ricardo; Lar, Paz Andrade, Valentín; García Mato, José Luis; El Progreso; Carré Alvarellos, Luís; Saudade de México; Soto Fernández, Luís; Santiago, Silvio; Centro Galego de Caracas; Editorial Aguilar; O divino sainete; Ediciós do Castro; Editorial Castrelos; colección Pombal; Torres Queiruga, Andrés; Quiroga Palacios, Fernando; Álvarez Blázquez, Xosé María; Ben-Cho-Sey; Ramón e Fernández-Oxea, José.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org