Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Castaño, Yolanda (2010)
"Sete poetas sen fronteiras"
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 836, (09/09/2010). pp. 1-8.

Yolanda Castaño versiona ao galego obra de sete poetas de distintas nacionalidades e linguas como un dos resultados da súa participación en xuño de 2010 nun obradoiro de tradución poética celebrado en Dane (Eslovenia), e organizado principalmente polo Center za slovensko knijževnost (Centro de Literatura Eslovena) e Literature Across Frontiers. As traducións están precedidas por unhas consideracións da autora relativas á tradición deste encontro e aos seus obxectivos e forma de traballar. A tarefa fundamental consiste en poñer en comunicación poetas que se traducen entre si e que representen literaturas de moi diversa dimensión en canto ao seu coñecemento no sistema da lliteratura mundial e en canto ao número de falantes das linguas vehiculares.

Os poetas e linguas representadas foron neste encontro, ademais da propia Yolanda Castaño, as seguintes: Xi Chuan (chinés mandarín), Antoine Cassar (maltés), Veronika Dintinjana (esloveno), Stanislav Lvovski (ruso), Yasuhiro Yotsumoto (xaponés) e Mamta Sagar (canarés).

Advírtase o seguinte erro na maquetación do suplemento: os poemas da derradeira páxina, atribuídos a Mamta Sagar, corresponden en realidade a Yasuhiro Yotsumoto.

Deseño de "Revista das Letras": Signum.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

Bibliografía secundaria sobre:
tradución; festival; literatura mundial.
 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org