Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Acción poética sobre papel referida á xestión política do Goberno Núñez Feijóo, con mención explícita do seu presidente e dos conselleiros Juárez, Varela e Vázquez. A acción combina fotografías de incendios e dos seus efectos con frases dos políticos nomeados, representativas do seu discurso público e das políticas promovidas polo executivo do Partido Popular desde o seu acceso ao poder tras as eleccións de marzo de 2009. Rexístranse tamén algúns momentos dunha performance presentada polas RREE en Celanova o 29 de agosto de 2010, Acción de ferreiro, e descríbense outras lilñas de intervención e análise do grupo, en activo desde o ano 2001.

 

Fotografías: Chus Pato e tomadas da prensa. Deseño de "Revista das Letras": Signum.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org