Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Abeleira, Xoán (2011)
"Tonantzin"
5 minutos





Descrición: Interpretación polo grupo Fuso Negro do poema "Tonantzin", de Xoán Abeleira. Vídeo gravado na Coruña o 28 de xaneiro de 2011. Escenografía e realización: Tono Galán. Julio Cuns (guitarra), Karlos Barral (percusión), Álvaro Muras (baixo), Bruno Couceiro (batería), Xoán Abeleira (voz e percusión)

Tipo de video: Vídeo creación

Fonte: Vimeo

Metadatos: Fuso Negro; Abeleira, Xoán; Galán, Tono; Cuns, Julio; Pequena Suricata; Couceiro, Bruno; Barral, Karlos; Muras, Álvaro; spoken word.

Observacións:

TONANTZIN

Renovado polo fume do copal
Entro no círculo
Concertado polas 7 direccións
Onde o mundo se asemella
Novamente a si mesmo

Iste é o meu movemento
O movemento que foi a orixe
O gatillo que me dispara
Alén ata o alén de min

Iste é o meu nacemento
Inacabado nacemento
O útero que me procrea
Sen deixar de concibirme

E eu danzo danzo danzo
Coma antes da existencia
Sabendo que o gran espectro
Dos seres que me arrodean
Anima unha soa vida

Os pés baten o chan
Invocando o seu substrato
O humus vindicativo
Que zumega do interior

As mans enfían o ar
Conforman todas as formas
Aprehendendo por un intre
A humildade do seu fluír

E eu danzo danzo danzo
Coma dentro de min mesmo
Sabendo que igual ca todo
Canto alenta niste espazo
Son o centro do creado

Son o centro do creado

Mais de socate as sementes
Das maracas se maian
As peles dos tambores
Se destensan de espanto

E unha man máis poderosa
Cá embriaguez conxurada
Cisca os danzantes
Polo firmamento

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org