Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Novoneyra, Branca (2010)
["Poemas de Game Over"]
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 838, (23/09/2010). pp. 1-8.

Selección de poemas correspondentes ao espectáculo poético-coreográfico Game Over, montado por Branca Novoneyra e Kirenia Martínez sobre textos procedentes do libro Dentro do labirinto (2009), da autoría da propia Novoneyra. O espectáculo estreouse na sala SCQ de Santiago de Compostela no mes de decembro de 2009. Os textos veñen precedidos por unha nota de presentación debida aos coordinadores do suplemento, Antón R. López e Montse Dopico, titulada "A viaxe de Branca Novoneyra". Nela compárase a montaxe cun videoxogo.

Deseño de "Revista das Letras": Signum.

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e faise extensivo aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

Bibliografía secundaria sobre:
Martínez, Kirenia; danza.
 
bnovoneyra_2010_pgo.pdf (.pdf 3.3 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org