Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Villar, Miro (2010)
[Entrevista sen título a Herminio Barreiro sobre Alexandre Cribeiro]
Galicia Hoxe. "Revista das Letras": 843, (09/12/2010). pp. 4-7.

Recuperación e transcrición dunha entrevista mantida por Miro Villar con Herminio Barreiro a propósito de Alexandre Cribeiro e dos vínculos compartidos en distintos momentos das súas vidas, tanto en Galiza como en Madrid. A transcrición fíxose sen unha intervención excesiva sobre o libre fluír da conversa gravada, como é perceptíbel. Segundo se informa en nota na derradeira páxina, o encontro tivera lugar no mes de abril de 2003, con motivo da preparación por Miro Villar da súa edición, para a "Biblioteca das Letras Galegas" de Xerais, do volume compilatorio da obra poética de Cribeiro, que co título Indo pra máis perto / A señardade no puño chegaría ás librarías no ano 2004. Barreiro repasa referencias biográficas e familiares de Cribeiro (algunhas delas comúns a ambos) e detense de forma particular na creación en Madrid de grupo Brais Pinto, nas lecturas e na formación política compartidas e tamén na militancia no Partido Comunista. Lembra así mesmo as distintas etapas profesionais e persoais de Cribeiro, até o seu falecemento en Pontevedra o 2 de maio de 1995.

Fotografías da reportaxe: Ramón Escuredo. Deseño de "Revista das Letras": Signum.

 

O equipo de poesiagalega.org deixa constancia do seu agradecemento ao Grupo Correo Gallego e en particular a Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, por facilitaren a reprodución deste e doutros números de "Revista das Letras". O agradecemento diríxese tamén a Antón R. López e Montse Dopico, coordinadores do suplemento, e aos xornalistas, técnicos e colaboradores do mesmo.

 

 
villar_2010_barreiro.pdf (.pdf 1.6 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org