Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O autor documenta, analiza e transcribe, con acompañamento de material fotográfico, unha serie de debuxos e textos (propiamente, grafitti) localizados no faro de Portosín no verán de 2007. Sobre o que se informa é no fundamental sobre un proceso de escritura que foi acumulando obra de diferentes autorías a partir das inscricións iniciais, debidas a alguén que asinou Lo.Li.Ta. e que entrou en posterior diálogo con outras voces e perspectivas que se foron sumando ao longo dunhas semanas, até que os operarios municipais pintaron novamente de branco o fuste do faro. Anxo Tarrío presenta minuciosas observacións e detalles sobre o proceso dialéctico instaurado pola intervención de Lo.Li.Ta, as distintas ópticas e sensibilidades que interviñeron logo e determinadas pautas de conduta xuvenil postas en relación con gustos musicais, lecturas de base, movementos culturais, estéticas e tribos urbanas, usos lingüísticos, intertextualidade e demais. A ausencia da lingua galega nos grafitti do faro é así mesmo sometida a sucinta análise, asentada en conxecturas sobre autorías, valores e tomas de posición.

O texto ten dúas partes, unha de presentación e análise (non exenta dun ton testemuñal e lúdico que conxuga a descrición técnica, as miradas semiótica e interpretativa e, aínda, a evidente vontade de contar unha historia) e outra de documentación e transcrición dos textos sucesivamente acumulados no faro. En paralelo, o autor conforma un retrato sociocultural sobre as prácticas de ocio e os referentes xuvenís no actual momento histórico.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org