Arquivo/Buscador
Ãndice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Disertación de Álvaro Cunqueiro sobre Rosalía de Castro por encargo da Caja de Vigo. Alúdese á poeta como predicadora da alma humana e da alma do pobo galego e incídese na súa dolorosa biografía e na súa época de fame, miseria e emigración. Se nos Cantares gallegos está presente a alegría e a descrición do pobo galego, tamén neles se anuncia a saudade que sobresae en Follas novas. Neste sentido, o conferenciante anima a ler o segundo poemario á luz da literatura mística. Con todo, Rosalía de Castro é considerada moito máis que unha "mujer morriñosa que llora" e destácase a súa amplitude de temas e maneiras.

Na última parte da conferencia ofrécese un retrato da poeta a cargo de varios estudosos e emítese un xuízo propio. Ademais, cítase outro contemplador do pobo galego que fora enterrado ese día, Ramón Otero Pedrayo. 

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org