Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

Bernárdez, Carlos L. (2003)
"Publicacións sobre Avilés de Taramancos"
Grial: 158, pp. 111-113.
Subcampos: 2003-, Bibliografías

Comentario da bibliografía de e sobre Avilés de Taramancos publicada co gallo de que lle fose dedicado o Día das Letras Galegas en 2003. Distínguense en primeiro lugar edicións e reedicións de obras do autor, na enumeración das cales se van anotando os estudos, prólogos, epílogos e similares que as acompañan, desde a Opera Omnia en Espiral Maior ata os Cantos caucanos en Xerais, pasando por As torres do ar en Galaxia, entre outras. Así mesmo, cítanse as antoloxías de Ana Romaní e Xosé María Álvarez Cáccamo, e a seguir os estudos sobre a súa vida e a súa obra. Entre estes destácanse os de Cáccamo polo seu rigor e construción estilística, e o de Aurora Marco, por tratarse dun ensaio elaborado a partir dunha abondosa documentación que abrangue diversas perspectivas sobre Avilés. Por último, menciónanse achegas máis divulgativas, a habitual fotobiografía coeditada co Consello da Cultura Galega ou o Diccionario sobre o autor.

 
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org