Arquivo/Buscador
Índice de autores/as e de títulos
Hemeroteca 2010-2014
Inicio > Arquivo > Ficha

O artigo encádrase na preocupación da xinocrítica pola cuestión dos modelos literarios das escritoras e axiña pasa a centrarse na influencia da figura paradigmática de Rosalía nas autoras galegas. A partir de aí, analízase a relación que Luz Pozo desenvolve no poemario Verbas a Rosalia tanto coa escrita rosaliana como coa da propia Luz Pozo. Primeiro abórdanse unha serie de cuestións ecdóticas relacionadas coa orixe textual do poemario, logo a análise tórnase máis inmanente e céntrase en cuestións retóricas, lingüísticas, modalizadoras, temáticas e simbólicas para concluír que Luz Pozo somete a poesía rosaliana ao que Adrienne Rich chamou "re-visión" como estratexia de supervivencia, como acto de afirmación da propia identidade autorial.

 
conchado_1993_pozo.pdf (.pdf 1.2 Mb)
 

culturagalega.org
Audiovisual | Música | Literatura | Banda deseñada

Subscríbete | Entra no teu perfil | Aviso legal | Licenza de uso | Contacto

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org